A subdelegada do Goberno en Lugo reúnese coa alcaldesa de Trabada para estudar a execución de melloras na área recreativa da Choza

A subdelegada do Goberno en Lugo reúnese coa alcaldesa de Trabada para estudar a execución de melloras na área recreativa da Choza

16/11/2018


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo unha xuntanza esta mañá coa alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez


 

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo unha xuntanza esta mañá coa alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, para tratar sobre a realización de diversas melloras na área recreativa da Choza, na parroquia de Abres.

A subdelegada do Goberno comprometeu o seu apoio a este proxecto para Trabada que lle plantexou a alcaldesa, que xa dispón dos pertinentes permisos para levar a cabo a devandita actuación.

Segundo explicou Mayra García, as melloras consistirían na execución dunha escollera para evitar a caída dun talud, que podería afectar á pasarela existente na zona. Asimesmo, a actuación comprendería outras melloras  na  zona do embarcadoiro consistentes na limpeza dos lodos sentimentados.