Abel Losada subraya el gran trabajo de la Policía Nacional para formar el alumnado ante los riesgos de internet y las nuevas tecnologías

Abel Losada subraya el gran trabajo de la Policía Nacional para formar el alumnado ante los riesgos de internet y las nuevas tecnologías<br/>

24/04/2024

O subdelegado felicitou aos nenos e nenas que superaron o curso e animounos a ser embaixadores do bo uso das redes
 Lembrou que 34.500 estudantes da provincia participaron o ano pa-*sado nas diferentes actividades do Plan Director


 

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, puxo en valor o “magnífico traballo” que desenvolve o Corpo Nacional de Policía para formar desde idades temperás ao alumnado no uso responsable de internet e das novas *tecnoloxías.

O subdelegado fixo entrega esta mañá dos carnés de *ciberexperto/aos “” 46 nenos e nenas de 6º de primaria do CEIP *Plurilungüe *Carballal de Marín, que superaron satisfactoriamente o curso de formación no uso seguro de internet impartido pola unidade de Participación Cidadá da Policía Nacional. Acompañado polo comisario provincial, Juan José Díaz; polo inspector xefe da comisaría de Marín, Javier *Fos, polo inspector de educación en Pontevedra, José María *Alén e polo director do centro educativo, *Yeray González, o subdelegado felicitou ao alumnado pola superación deste curso, recalcando a importancia de coñecer non só as vantaxes, senón tamén os riscos que implican o uso das tecnoloxías.

Nesta liña, lembroulles aos nenos e nenas de todos os niveis educativos presentes, a importancia de comunicarlles aos seus pais, á escola ou á propia Policía cando detecten un destes perigos ou ameazas. “Grazas a este tipo de formación os e as menores son capaces de recoñecer que determinadas condutas que se realizan a través de internet son consideradas un delito e por tanto son chave para frear condutas como o *ciiberacoso”, explicou. Así mesmo, o subdelegado insistiu na importancia de que os mozos e mozas transmitan os coñecementos adquiridos á súa contorna familiar, “axudando así a pais, avós e avoas no uso das novas tecnoloxías”. Por último Abel Losada subliñou o éxito do Plan Director para a convivencia nos centros educativos, o proxecto que acolle a iniciativa dos “*ciberexpertos”.

Lembrou que a partir da cooperación entre administracións, forzas de seguridade e comunidade educativa, este plan creceu un 80% no último ano na provincia de Pontevedra, chegando a 34.500 estudantes. “Detrás deste éxito hai un compromiso político por parte do Goberno e un esforzo humano por parte das forzas de seguridade que quero volver recoñecer”, sinalou, á vez que se comprometeu a seguir “traballando para promover a cultura e a seguridade entre a poboación escolar”.