Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos

La Instrucción nº 6/2023 de la Secretaría de Estado de seguridad, sobre el “Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos” persigue los siguientes objetivos

· La sensibilización, prevención y detección precoz de situaciones de riesgo relacionadas con la seguridad de niños, niñas y adolescentes en los centros educativos y sus entornos.

· Contribuír á mellora o coñecemento por parte dos nenos, nenas e adolescentes sobre os recursos policiais para contribuír á súa seguridade en calquera contorna.

· Contribuír a mellorar o coñecemento dos nenos, nenas e adolescentes sobre as distintas formas de violencia e factores de risco aos que poden estar expostos e alertar sobre as súas posibles consecuencias.

· Contribuír a formar aos alumnos no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, e nos valores de dignidade e igualdade entre homes e mulleres, e na necesidade de erradicar as condutas violentas do ámbito escolar.

· Incrementar a vixilancia policial nas inmediacións dos centros educativos.

· Articular mecanismos e instrumentos de coordinación permanentes entre os expertos policiais e as autoridades docentes, comunidade educativa en xeral e en particular, co Coordinador ou Coordinadora de benestar e protección.

· Manter a cooperación con outras administracións públicas competentes na protección efectiva dos menores de idade ante as situacións de risco.

La Delegación del Gobierno en Galicia, coordina este Plan Director, a través del Área de Alta Inspección de Educación

As charlas impártenas os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado: Policía Nacional (Participación Cidadá de cada comisaría) e Garda Civil nas súas respectivas demarcacións

Neste vídeo podes ver con máis detalle que tipo de accións desenvolvemos e como as levamos a cabo.  https://www.youtube.com/watch?*v=*nn57*rxtHnh0

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE CHARLAS DO PLAN DIRECTOR. CURSO 2023-2024

1. Descargar a ficha de solicitude para este curso:

2. Completar os datos do centro e contacto, seleccionar as temáticas que son de interese para o seu centro e os grupos educativos ás que irían dirixidas.

3. Envía a solicitude aos 3 correos de cada demarcación

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE As CHARLAS IMPARTIDAS DENTRO DO PLAN DIRECTOR

· Todas as actuacións nun centro, tanto para o alumnado como para a comunidade educativa, débense solicitar nunha SOA FICHA.

· Cada ficha de solicitude será recibida na Delegación de Goberno, procesada e derivada ao corpo policial ou unidade competente.

· As charlas solicitadas por un centro poderían ser impartidas por axentes/persoal de distintos corpos/unidades en función da temática. Estes contactarán con vostedes para concretar datas e temáticas a impartir.

· A oferta temática foi actualizada segundo a Instrución 6/2023 da Secretaría de Estado de Seguridade, sobre “o Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas”.

· Se están interesados noutro tipo de actuacións: acceso a un experto policial, reunións con axentes, exhibicións, solicitudes de aumento da vixilancia na contorna do seu centro,… non dubiden en contactar co axente de referencia do seu centro.

· Desde a área da Alta Inspección de Educación poderanse utilizar os datos de contacto facilitados para xestionar a súa solicitude, informarlles de actos ou eventos relacionados co Plan Director; así como para solicitar a súa participación na enquisa de avaliación do Plan Director.

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas para o curso 2023-24 | Consellería de Cultura, Educación e Universidade (*xunta.*gal)

Vídeo explicativo do Plan Director en Galicia